Marín acorda esixir a Telefónica a instalación da conexión de alta velocidade en todo o rural

Marín acorda esixir a Telefónica a instalación da conexión de alta velocidade en todo o rural

O último Pleno da Corporación que se celebrou acordou por unanimidade elevar ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital un requirimento para que obrigue a cumprir en tempo e forma a Telefónica, adxudicataria do contrato público da fibra óptica, co prazo estipulado e sen prórrogas posibles a chegada da conexión de alta velocidade ao rural de Marín.

Así se pode ler no escrito aprobado por todos os grupos da Corporación municipal e que foi levado a Pleno pola Asociación de Veciños de Pardavila, en conxunto con representantes veciñais das zonas de O Pozo, Troncosa, Cadrelo, Miñán, Esperela, Pereiro, Ameal, Sobreiras, Currás, O Campo, Silvestre, Fixón e Ruanova.

Este movemento veciñal xa iniciara a posta pública das súas reivindicacións o pasado 26 de novembro, cando convocaron unha manifestación na Alameda para poder mostrar a súa pugna contra as compañías telefónicas para que cumpran o seu acordo de facer chegar este servizo, a día de hoxe de primeira necesidade, á contorna rural de Marín.

Tal e como explicou Alba Pérez, unha das veciñas afectadas que se encargou de intervir na sesión plenaria, a fenda dixital á que están abocados por estas circunstancias siéntese “a nivel profesional, personal e educativo” e de feito aseguran “non saber como superamos a situación da covid”, cando a dixitalización foi un factor clave.

Anterior O núcleo urbano de Seixo gaña en accesibilidade

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados