A Alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada da concelleira Marián Sanmartín, reciben á única familia de Marín que recibe nenos saharauis.
Fatimetu Suelim Brahim é a única nena saharaui que pasa a tempada estival no municipio grazas ao programa “Vacacións en Paz” promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
É o terceiro ano que Fatimetu está en Marín e lle gustaría chegar a estudar aquí Enfermería para poder ir ao campamento de Refuxiados no que vive coa súa familia en Arxelia e axu-dar ás familias que viven alí.
No acto de recepción, tamén estivo outro neno que está cunha familia de Moaña, e ambos recibiron uns pequenos agasallos e recordos da vila.
As familias de acollida amosaron a súa satisfacción por poder axudar durante 2 meses ao ano a estes nenos e nenas, que chegan a soportar duras condiciones no desierto donde viven, chegando a acadar temperaturas de 55 grados á sombra, e aproveitan a súa estancia aquí para realizarlles revisións médicas que lles permitan mellorar as súas condicións de vida.
O obxectivo destos actos é recalcar que as verdadeiras protagonistas de Vacacións en Paz son as familias acolledoras que cada ano responden ás chamadas á solidaridade, e invitar a todas as persoas que queiran converterse en familias a colledoras se poñan en contacto coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, SOGAPS, no teléfono 986 26 26 37.