A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, presentou ante a comisión informativa a proposta para suscribir a Carta das Cidades Europeas cara a Sostibilidade, ou Carta de Aalborg, e asumir os pronunciamentos e compromisos que a mesma supón, así como a adhesión e participación nas actuacións contempladas na Axenda 21 Local cara o desenvolvemento sustentable.
Este acordo esta encadrado dento do acordo do Pleno acadado en setembro de 2019 de adhesión do Concello de Marín ao Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía promovido pola Unión Europea.
A adhesión á Carta de Aalborg supón iniciar o proceso da Axenda 21 Local como ferramenta de planificación participativa da xestión municipal que impulse aos concellos e aos distintos actores sociais a traballar conxuntamente para que a vila avance cara o desenvolvemento sostible.
Esta Axenda 21 defende que sexan os gobernos locais os que impulsen un desenvolvemento sostible xa que son as administraciós mais próximas aos problemas que se tentan investigar e solucionar. Por iso, o Concello, consciente da necesidade de actuar de xeito local para acadar cambios a nivel global, traballará para desenvolver accións dirixidas a cumplir os obxectivos recollidos na Axenda 21, que son:
-Lograr un desenvolvemento sostible para o municipio e aumentar a calidade de vida para os cidadáns
– Que as autoridades locais realicen consultas coas súas respectivas poboacións e logren un consenso sobre unha “Axenda 21 local” para a comunidade
-Crear redes de información e de intercambio de experiencias, cooperación e coordinación entre as autoridades locais.
-Alentar a que as mulleres e os mozos estean representados nos procesos de adopción de decisión, planificación e execución.
Asemade, tal e como se acordou recentemente en Xunta de Goberno local, solicitouse unha subvención aos efectos de contratar unha asistencia técnica para a elaboración do PACES do Concello, cun orzamento de 11.000 euros, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A firma deste Pacto, compromete ao Concello a desenvolver un Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sostible no plazo de dous anos, tendo en contra entre outros aspectos da Carta de Aalborg:
- A trasnformación da economía urbana hacia unha alternativa sostenibilidade
- A adopción de pautas sostibles de usos do chan
- A realización de acción responsables en pro de actuar no cambio climático global
O plan terá como obxectivo fundamental a redución de emisións contaminantes no termo municipal nun 40% cun horizonte temporal fixado no ano 2030. Para poder definir a estratexia de acción e elaborar o plan, realizaranse novas sesións de traballo cos equipos do Concello, así como varios encontros de traballo con representantes dos actores económicos e sociais máis relevantes da vila.
De todas esas aportacións, sairá o documento do Plan, que logo se porá en marcha. As accións e iniciativas que se desenvolvan nel terán aplicacións en distintos eidos: costeiro, portuario, rural… e servirán para conseguir unha vila máis limpa e máis sostible a nivel medioambiental.