Manel Loureiro será o mestre de cerimonias do Premio AJE

Manel Loureiro será o mestre de cerimonias do Premio AJE

O escritor Manel Loureiro será o mestre de cerimonias na gala dos Premios AJE que se celebrará este venres ás 20.00 horas na Escola Naval Militar. Ata o Espazo Emprendendor de Innovación Alimentaria se desprazou Loureiro, que foi presentado pola concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, e a presidenta de AJE, María Buceta.

“Desde o minuto un, Manel mostrounos toda a ilusión e compromiso por este proxecto”, asegurou Buceta, que informou de que se recibiron 15 propostas para o premio á Mellor Iniciativa Empresarial e 10 para o Premio Mellor Empresarix do ano.

Loureiro quixo destacar o bonito que é “ser profeta na terra de un” e a relevancia que ten poder levar adiante iniciativas tan interesantes coma esta, “para demostrar ese pull emprendedor que temos na provincia” e prometeu que a gala será “rápida e amena para que todas as persoas que asistan desfruten dunha noite tan especial”.

“Queremos seguir enchendo de emprendemento o EEIA”

Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica quixo destacar que o emprendemento e promover o tecido productivo “é o que fan crecer un

municipio”. Destacou a importancia de que o premio honorífico da gala sexa Nodosa, “unha empresa do noso porto que referencia no seu sector”.

Ademais, a concelleira aproveitou a presentación para adiantar que “desde a área de Promoción Económica estamos traballando para abrir a novos emprendedores este espazo, para o que revisaremos as bases. Queremos enchelo deste talento do que estamos falando hoxe, dándolle ás persoas novas, especialmente, a oportunidade de lanzar o seu soño laboral, con asesoramento e axuda”.

Anterior O Concello implantará unha plataforma GIS

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados