Maio establécese como o mes da rítmica no Pavillón da Raña e recibirá máis de 1.800 ximnastas

Maio establécese como o mes da rítmica no Pavillón da Raña e recibirá máis de 1.800 ximnastas

Catro eventos ocuparán este mes de maio o Pavillón da Raña relacionados coa ximnasia rítmica. O XI Torneo Club In Mare e o X Intercentros Club In Mare, xa celebrado este pasado sábado; a II Fase da Liga Provincial de Pontevedra e a II Fase do 6º Torneo de Interescolar Fase Sur.

Este despregue de eventos faise man a man entre o Concello de Marín e a Federación Galega de Ximnasia e suporán o desembarco de máis de 1.800 ximnastas de todo o mundo da rítmica.

Este sábado pasado xa se celebraron os dous primeiros eventos, no que diferentes clubs de Galicia presentaron 130 actuacións, presenciadas por un público que encheu ata os topes o pavillón. Pola tarde, pechouse o curso das Escolas Deportivas Municipais (aínda que continúen durante o que resta de mes) e houbo unha sorpresa por parte das nais do club, que sorprenderon con dous bailes feitos polo Día da Nai.

O 12 de maio será a seguinte cita coa rítmica, co II Fase da Liga Provincial Escolar, Promoción e Prebase que organiza a Federación Galega de Ximnasia, en colaboración co Concello e o Club In Mare. A seguinte data será o 18 de maio co 6º Torneo Interescolas organizado polo Club Marusía.

Entre ambos eventos, máis de 1.200 ximnastas pasarán por Marín en busca do ansiado pase ao campionato galego nas súas respectivas categorías.

Anterior Sorteadas as tarxetas regalo da campaña do Día da Nai

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados