Liña 3 Plan Concellos 2022/2023

Liña 3 Plan Concellos 2022/2023

Ao abeiro do Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2022/2023 da Deputación Provincial de Pontevedra, foI concedida unha subvención de 119.902,86 € para a contratación por parte do Concello de Marín un total de 13 persoas traballadoras desempregadas (10 na ocupación de peón de obras públicas e as 3 restantes na ocupacións de conserxes), a xornada completa por espazo de 6 meses, que desenvolveron as suas tarefas dende o 14 de marzo ao 13 de setembro de 2022.

Os peóns, adscritos ás distintas brigadas municipais, desenvolveron tarefas de apoio á brigada municipal de obras de mantemento e conservación de servizos como obras de saneamento, conservación de viais, obras de reparación, conservación e mellora de edificios municipais, traída de augas, alumbrado público, limpeza de praias, etc.…

No seu caso, as persoas contratadas como conserxes fixeron tarefas de apoio ao servizo de conserxería nos distintos edificios públicos de titularidade municipal.

Anterior XXI XORNADAS BLANCO FREIJEIRO

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados