Compartido co veciño concello de Vilaboa, destaca como miradoiro e parque natural. Ten unha área recreativa e un Centro de Recuperación de Fauna Silvestre, un Aula da Natureza, un parque e un coto de pesca, xestionados pola Consellería de Medio Ambiente da Consellería de Pesca. De gran beleza paisaxística atrae a moitos visitantes, entre eles centros de ensino. Atópase a uns 10 km. do núcleo urbano, a uns 400 m. sobre o nivel do mar. Dende o seu miradoiro en Cotorredondo, con bo tempo distínguense as tres Rías Baixas meridionais: Arousa, Pontevedra e Vigo. Preto do lugar hai picadeiros para montar a cabalo coa posibilidade de facer rutas polo monte do entorno, podendo visitarse as mámoas e petróglifos dos arredores.