A Obra Social “La Caixa” colabora con tres organizacións de referencia na área de Marín e Bueu:
A Asociación Rexurdir e as Voluntarias da Caridade de San Vicente Paul, ambas desta primeira localidade, e a Asociación Parkinson Galicia, de Bueu. En total, estas tres entidades recibirán axudas por valor de 14.000 euros. Esta mañá a representante da entidade en Marin facía entrega desta colaboracíon para o mantemento diario do comedor das Voluntarias da Caridade San Vicente Paul. As Voluntarias da Caridade representadas por dona Carmen Dapena quixeron agradecer ao Concello as xestións realizadas neste sentido. A responsable e Directora da oficina en Marin acompañada polos responsables do concello Manuel Santos e Marian Sanmartin. |