Kubo, París de Noia, Panorama e Marbella animarán as noites de verán das Festas do Carme

Kubo, París de Noia, Panorama e Marbella animarán as noites de verán das Festas do Carme

16 junio 2022

A un mes do Día do Carme, xa comezamos ter gana de desvelar toda a programación que desde o Concello se vén preparando nos últimos meses. A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, asegura que este verán “está pensado para que gocemos de Marín, para que dinamicemos as nosas rúas e que teñamos ocio de distinto tipo durante todas as semanas”.

Aínda así, os días centrais das Festas do Carme sempre recollen unha programación especial. Nesta ocasión, a Gala Xacobeas do 15 de xullo será unha das grandes atraccións, esperándose a asistencia de cerca de 15.000 persoas, pero non será o único gran espectáculo.

Tal e como adiantou o Concello esta mañá, serán varias as orquestas que amenicen as noites do verán deses días. O 11 de xullo, será a Orquesta KUBO; o 13, París de Noia; o xoves 14, Panorama, e o 16, Marbella.

Todos os concertos serán na Praza de España e reavivarán esas ganas de desfrutar da música, das verbenas e do verán que nestes últimos anos non foi posible satisfacer ao cen por cen.

Ademais, Sanmartín adianta que tamén haberá Batalla de Flores Nocturna, que se celebrará o martes, 12 de xullo, polas principais rúas de Marín.

Anterior Manuel Villanueva será o pregoeiro das Festas do Carme

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados