IV ANDAINA MONTES E PRAIAS DE MARIN

IV ANDAINA MONTES E PRAIAS DE MARIN

O Clube Ciclista de Marín, coa colaboración do Concello de Marín, organiza a IV Andania Montes e praias de Marín no marco das XXXIV ciclo marchas historico artísticas de Marín.

Este ano como novidade, temos dúas distancias 25km e 15 km, non é preciso indicar cal se vai realizar, durante a proba, cada un escollerá libremente cal continuar, salvo que se supere o tempo máximo de paso

Esta andaina e gratuita e o importe do donativo que se recade será entregado na sua totalidade á “Asociación Española contra el Cancer”. Donativo mínimo: 2 euros.
O número de conta para o ingreso e: ABANCA – ES71 2080 5430 2630 4010 7599
PREGASE POÑER O DNI COMO DOCUMENTO DA TRANSFERENCIA OU INGRESO, no caso de realizar nun só pago varias inscricións indicar todos os DNI. Tamen é posible facilitar esta información mediante o envío do xustificante do pago á dirección de correo: andaina.mpm@gmail.com. Para causas de forza maior poderase aboar 1/2 hora antes da saída.

Algunhas das normas que poden atoparse no folleto informativo son:

– Estarán establecidos uns tempos mínimos, e haberá uns puntos de control onde se abandonara se non se consigue chegar, e a organización encargarase da súa retirada.

– A organización terá o dereito a descalificar a participantes que non se atopen nas condición físicas mínimas para poder rematar a andaina, así como a aqueles que se excedan dos tempos máximos estipulados en cada control.

– Salvo urxencia, a organización só recollerá os participantes que abandonen nos puntos de avituallamento, sempre despois de que pasen as escobas da proba.

– Salvo lesión os participantes terán que abandonar nos puntos de avituallamento.

– Os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun adulto, que será o responsable.

enlace para inscripción:
Anterior Axudas a Empresas no Rural.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados