Intensa desinfección da Biblioteca para unha reapertura segura e un Entroido aínda vivo no Museo Torres

Intensa desinfección da Biblioteca para unha reapertura segura e un Entroido aínda vivo no Museo Torres

18 febreiro 2021
A desescalada “a modiño” anunciada pola Xunta de Galicia permite que as instalacións culturais, como a Biblioteca Vidal Pazos e o Museo Torres reabran as súas portas. Tal e como explicou a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, a Biblioteca foi obxecto dunha intensa desinfección “para que a súa reapertura, dada a afluencia que ten, fora cen por cen segura”.
Tanto está habilitado o préstamo de libros de xeito normal como a aula de estudo, aínda que non se poderá superar en ningún momento o aforo máximo do 30%.
Esta limitación da capacidade tamén a ten o Museo Torres, que albergará até o 31 de marzo a exposición dos traxes máis emblemáticos e espectaculares das comparsas de Marín, Os da Caña e Paparrulos.
Tamén é posible gozar na exposición dalgunhas letras e imaxes doutras comparsas que, aínda que non están en activo, formaron parte da historia do Entroido de Marín.

Anterior Marín reparte os premios do Concurso de Decoración de Mascarillas de Entroido

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados