Con data 27 de marzo de 2015 redactouse o proxecto básico para a RESTAURACIÓN DA PONTE DE O CAMPO, en base ó cal tramitáronse as autorizacións previas nos entes públicos de patrimonio e augas de Galicia,obténdose ambos informes favorables.
Englóbanse dúas fases, e que a que agora se acomete é a relativa á Fase I.- Restauración Estructural na que se inclúe:
– O recoñecemento do obxecto de intervención.
– A reparación da estructura.
– A reposición dos servizos afectados.
– A reconstrucción das condicións da contorno que permitan un caudal uniforme baixo a ponte.
A Ponte do Campo atópase ubicado sobre o río Loira no vial que une os núcleos rurais de O Campo e O Coto, nun contorno natural na que se foi humanizando a paixase, formando camiños, tendendo pontes que permitan cruzar ríos e levantando construccións auxiliares como molinos, lavadoiros, etc.
A configuración da ponte trátase dunha ponte de tradición constructiva popular formado por cinco vanos adintelados de luces entre os 1,55 e 2,50 metros, formados por lousas de pedra
PRESUPUESTO BASE DE LICITACIÓN…………………………… 45.985,17 €
IMPORTE DO I.V.E. ⁄…………………………………………………….. 9.656,89 €
TOTAL………………………………………………………………………….. 55.642,06 €
O Proxecto ascende á cantidade de CINCUENTA E CINCO MIL SEISCENTOS CORENTA E DOUS Euros con SEIS Cts. (55.642,06)
Adxudicada a obra esta foi iniciada estos días pola adxudicataria, unha vez contratada a dirección da obra e a seguridade e saúde.