Iníciase o expediente de contratación para urbanizar Travesía República Arxentina

Iníciase o expediente de contratación para urbanizar Travesía República Arxentina

3 agosto 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou o inicio do expediente de contratación do proxecto para a urbanización da Travesía República Arxentina, que comunicará as rúas República Arxentina e Inferniño, o que suporá un importante cambio no urbanismo da zona e na mobilidade urbana.

Na actualidade o ámbito presenta dúas situacións moi diferentes. Por unha banda, o extremo leste, que entronca coa rúa República Arxentina atópase completamente urbanizada e edificada. Este tramo de 44 metros de lonxitude atópase pavimentado e conta con beirarrúas en ambas marxes e todos os servizos urbanísticos (alumeado público, rede de saneamento e pluviais, abastecemento, enerxía eléctrica,
telecomunicacións e subministro de gas). A rúa executada remata nun muro que separa o ámbito urbanizado do regato e das fincas sen urbanizar.

O tramo de rúa de nova apertura está composto por tres parcelas en estado de semiabandono, con cascallos e peches metálicos provisionais. As dúas zonas están separadas por un regato, que no seu extremo norte está canalizado baixo o solo urbano e cara sur permanece a ceo aberto.

A inversión da apertura do novo viario ascenderá a 256.407,09 euros, para a que se solicitará unha subvención ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Anterior O Concello investirá 200.000 euros no novo colector entre Pastoriza e Picotes

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados