O Concello encarga o proxecto de eficiencia enerxética no Pavillón do Sequelo cunha subvención da Deputación de Pontevedra

O Concello encarga o proxecto de eficiencia enerxética no Pavillón do Sequelo cunha subvención da Deputación de Pontevedra

O Concello de Marín vén de conseguir unha subvención do ente provincial para financiar a readaptación do proxecto de mellora enerxética e de confortabilidade no pavillón do Sequelo. Esta axuda enmárcase no plan de recuperación, transformación e resiliencia no ámbito do turismo deportivo sostible da Deputación de Pontevedra e foi de cerca de 15.000 euros.

O Concello plantexa illar exteriormente con SATE todas as zonas de bloque de formigón, coa finalidade de dar un acabado máis neutro ao edificio, usando pinturas lisas que axuden á súa harmonización coa paisaxe.

O obxectivo é dotar ao pavillón dunha nova cuberta que conte con illamento térmico e impermeabilización, de tal xeito que se mellorará a eficiencia enerxética do pavillón e a sensación de confortabilidade.

A maiores, e seguindo na liña do aforro enerxético, plantéxase a instalación de agua quente sanitaria con dúas bombas de calor aerotérmicas, que conten cunha instalación fotovoltaica que recargue ese ACS en horas de luz para o seu uso posterior.

Anterior O Concello licitará a reconstrución do muro de Cividanes

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados