Iniciadas as obras de renovación da rodadura do viario de praias fronte ao paseo de Aguete

Iniciadas as obras de renovación da rodadura do viario de praias fronte ao paseo de Aguete

Comezaron os traballos de renovación da pavimentación da estrada Marín-Aguete, comunmente xa coñecida como viario de praias. O intenso uso que soporta este viario, especialmente nas épocas estivais, afectou ás características do pavimento, polo que se produciron diversas deficiencias co paso do tempo, que precisan dunha posta a punto.
Así, a empresa Construcciones, Obras y Viales S.A. (COVSA), que resultou adxudicataria do proxecto, está a realizar toda esta renovación da rodadura, nunha superficie de 8.318,70 metros cadrados de superficie, anexo ao paseo marítimo de Aguete. Ademais da renovación da pavimentación, volverá implantarse a sinalización adecuada, tanto horizontal coma vertical, para o tránsito rodado e tamén para o estacionamento.
Por outra banda, realizaranse traballos de desbroce e limpeza das marxes da vía, retirando aquela maleza, escombro ou calquera tipo de material indesexable que estea a ocupar estee espazos.
O orzamento total investido nesta actuación será de 91.853,29 euros (IVE incluído), que se subvencionará con cargo ao Plan Concellos 20.18-2019 da Deputación de Pontevedra. O prazo de execución será dun mes, aproximadamente.

Anterior Reapertura o luns só para préstamo da Biblioteca Pública Vidal Pazos e o martes, do Museo Manuel Torres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados