A rúa Concepción Arenal xa estrea unha imaxe renovada na zona na que se levaron a cabo, nos últimos meses, os traballos de humanización, que están practicamente rematados. Os operarios da empresa adxudicataria procederon ao pintado dos novos carrís durante a pasada fin de semana e nestes días rematarán de colocar a ambientación floral que lucirá o viario.
A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, Manuel Santos e Marián Sanmartín, respectivamente, visitaron recentemente este tramo e informaron do inicio das obras no segundo, que abrangue desde a rúa José Trasande ata a Rotonda das Anclas.
Segundo explican desde a empresa adxudicataria, Oresa, a mesma que se encargou de realizar a obra no primeiro tramo, hoxe iniciáronse os traballos en toda a marxe dereita do viario, en dirección Pontevedra-Marín.
O Concello advirte de que, por mor do inicio das obras, haberá cortes puntuais de tráfico, “que estarán sempre correctamente sinalizados”, aclarou a concelleira Marián Sanmartín.
Asemade, o estacionamento verase afectado, con prohibición de aparcamento en diversas zonas, a medida que se vaia avanzando nos traballos. Co fin de reducir os problemas neste sentido, o Concello habilitou solares de aparcamento público, como o que se atopa precisamente en Concepción Arenal, pasando a gasolineira.
Unha actuación “moi importante”
O custe global da actuación será de 653.423 euros e, tal e como sucedeu ca primeira fase, contarase co financiamento da Axencia Galega de Infraestruturas, depende da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia. O prazo de execución dos traballos será de aproximadamente tres meses.
O Concello considera moi importante o desenvolvemento deste proxecto, dada a situación tan central no núcleo urbano que ten esta rúa e pola importancia de desconxestionar a carga de tráfico diaria que soporta, mellorando o ancho dos carrís, e mellorando o espazo público dos peóns, gañando tamén metros para as beirarrúas. Isto conseguise ca supresión dunha das liñas de aparcadoiros.
O obxectivo tamén é o de mellorar a parte interna, é dic