1.- Horario apertura
Apertura continua entre os días luns 21 e domingo 27 de marzo, en horario de 11:30 – 13:30 h. e 17:00 – 20:00 h., polo tanto 5 h. diarias. Neste horario ofertáronse diariamente dúas visitas guiadas de 30 minutos de duración, unha pola mañá de 12:30 – 13:00 h. e outra pola tarde de 19:00 – 19:30 h. Non todos os días se fixeron estas visitas guiadas ofertadas pero si moitas delas.
2.- Datos de asistencia de visitantes
O número total de visitantes foi de 173 persoas, incluídas aquí tamén as que fixeron visitas guiadas. As estatísticas que caracterizan a afluencia do público visitante se realizan en base á totalidade dos visitantes que tivo o Centro.
Nesta primeira gráfica se reflicte o número de visitantes cada día de apertura do Centro, durante os sete días de apertura en semana santa, con maioritaria afluencia o xoves e venres santo.
Neste caso hai unha clara preferencia pola primeira hora de apertura matinal e a primeira metade da tarde.
Visitantes por idades. Á marxe do perfil de visitante que reflicte a gráfica, cabe sinalar que a relación homes/mulleres é parella, aproximada ao 50%.
A gráfica Procedencia de visitantes 1 reflicte o reparto total dos visitantes, con maioría galega e só Portugal como país estranxeiro. En canto aos visitantes doutras comunidades autónomas, Madrid foi claramente a que máis visitantes aportou, e tamén estiveron representadas –aínda que con poucas persoas- as comunidades de Castela León, Castela A Mancha, Cantabria, País Vasco, Navarra, Cataluña e Valencia; como vemos, maioritariamente o norte peninsular.
A gráfica Procedencia de visitantes 2 reflicte o reparto total dos visitantes de Galicia, cunha clara maioría de visitantes da provincia de Pontevedra, seguida de lonxe por A Coruña, e unha moi escasa presenza de visitantes de Lugo e Ourense
Finalmente, a gráfica Procedencia de visitantes 3 reflicte o reparto dos visitantes procedentes da provincia de Pontevedra, diferenciando os procedentes do concello de Marín.
3.- Conclusións
A afluencia de visitantes nesta semana santa cabe considerala como boa, con números que non desmerecen con respecto ás semanas do pasado verán e que extrapolados a un mes enteiro serían superiores aos do pasado mes de setembro. Sintetizamos a análise do público nos seguintes puntos:
A afluencia de público se produciu todos os días de apertura e en todas as horas, se ben resultaron moi destacados o xoves e venres santo, e a primeira hora da mañá e as dúas primeiras da tarde en canto a cifras de visitantes.
Por idades o número de visitantes está moi concentrado nos tramos de entre 30-40 e 40-50 anos, moi por riba dos demais tramos.
En canto á procedencia predominan os visitantes de Galicia, con pouco público doutras comunidades autónomas e só Portugal como pais estranxeiro representado. Dentro dese escaso público doutras comunidades, máis do 50% viu de Madrid, consolidándose así como a comunidade autónoma que máis visitantes aporta, dato xa contrastado o pasado verán.
Como síntese final, consideramos positiva a apertura en semana santa e recomendable para futuros anos, xa que as cifras avalan a medida e resulta un recurso de gran interese cultural que ofrecer aos visitantes foráneos. Ao tempo, segue sendo un recurso moi apreciado polos visitantes da provincia de Pontevedra e incluso de Marín. Tamén hai que salientar o éxito que en relación ao grado de satisfacción pola información recibida como da atención prestada.