Información para coordinar a axuda ao pobo ucraíno

Información para coordinar a axuda ao pobo ucraíno

A guerra de Ucraína está a ser unha crise humanitaria internacional. Son moitas as iniciativas individuais que están xurdindo. Desde o Concello de Marín, compartimos as recomendacións dadas para axudar ao pobo ucraíno de forma eficaz por parte da Xunta de Galicia, da Fegamp, a Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, EDUCO, Entreculturas, ACNUR, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz, El Desarme y la Libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

1.- Recoméndase canalizar a axuda da cidadanía a través de doazóns económicas mediante as diferentes Organizacións Non Gubernamentais (ONG) Humanitarias que traballan na zona, así como a través de organismos humanitarios especializados.

– Organizacións en Galicia con presenza no terreo:
– Médicos del mundo: https://www.medicosdelmundo.org/ayuda-ucrania
– Entreculturas: https://www.entreculturas.org/es/home
– Educo: https://www.educo.org/landing/emergencia-ucrania
– Farmacéuticos Mundi: https://farmaceuticosmundi.org/solidaridad-con-ucrania/
– Ayuda en Acción: https://colabora.ayudaenaccion.org/espana/es/emergencia-ucrania
– Para máis info:
https://galiciasolidaria.org/como-apoiar-a-poboacion-na-ucraina/
– Cruz Vermella
– UNICEF
– ACNUR

2.- Desaconséllanse as doazóns en especie, ao resultar menos eficiente este tipo de axuda e constituír unha mala práctica no ámbito da axuda humanitaria.

PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS – A TRAVÉS DA OFICINA DE VIVENDA DE MARÍN

Todas aquelas persoas particulares que queiran propoñer unha alternativa habitacional para acoller a refuxiados ucraínos, poderán poñerse en contacto coa Oficina de Vivenda de Marín no teléfono 986 89 04 88 ou no mail ari@concellodemarin.es, desde onde se coordinará todo o dispositivo.

PROGRAMA DE AXUDA A FAMILIAS UCRANIANAS DO GRUPO SEI SAN NARCISO

Desde o Grupo SEI deseñaron un programa de axuda a familias ucraínas desprazadas pola guerra. O programa contempla a acollida de 15-20 familias (perfil obxectivo: pai/nai máis de 1-3 nenos en idade escolar) para un total de entorno a 50 persoas.

Ás familias se lles ofrecerá:
– Aloxamento (1 habitación con cuarto de baño por familia)
– Manutención (almorzo-comida-cea)
– Uniforme escolar
– Asignación mensual (por definir, en función da composición da unidade familiar)
– Educación: os nenos distribuiranse por aulas en función da idade e incorporarase a mestres ucraínos para que continúen coa súa formación académica
– Actividades extraescolares para os nenos (inglés, deportes…)
– Clases de español tanto a pais e nais coma aos nenos.

Esta proposta do centro educativo xa foi derivada polo Concello de Marín á Fegamp.

PROPOSTA “QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE”, DE LA INMACULADA
3.920 km = 3.920 euros

Desde o Colexio La Inmaculada, en colaboración coa Anpa Martín Herrera, a JMV (Juventudes Marianas Vicencianas) e o Concello de Marín, organizan unha actividade solidaria á que chaman “QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE”.

O obxectivo é facer partícipes a todos os centros escolares de Marín que o desexen. A actividade consistirá en recorrer simbolicamente con MOEDAS (céntimos, euros…) os quilómetros que nos separan de Ucraína.

A actividade desenvolverase, simultaneamente, o xoves 24 de MARZO a partir das 10.30h na ALAMEDA DE MARÍN E NO PARQUE EGUREN. Os alumnos e demais persoas que se acheguen irán completando coas súas moedas eses 3.920 kms que nos separan de Ucraína.


RECOLLIDA DE MATERIAL NOS CENTROS EDUCATIVOS – Xa rematada

Os centros do CEIP da Laxe e de Ardán, así como tamén o CPR La Inmaculada, recolleron desde o primeiro momento material que se solicitaba nas listaxes de axuda humanitaria.

Anterior Aberto o prazo de presentación de ofertas para a construción do futuro Centro Socio Cultural de Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados