Situación actual no Concello ante a emerxencia polo Covid19

Situación actual no Concello ante a emerxencia polo Covid19

25/04 Mensaxe da Alcaldesa.

María Ramallo, resume neste vídeo as indicacións baixo as que poden saír mañá os nenos e nenas de menos de 14 anos: “Pido responsabilidade e sentidiño”.


24/04 Marín recibe cerca de 900 pantallas protectoras grazas á Plataforma Galicia-EscudoCovid 2019

A Plataforma Galicia-EscudoCovid 2019, coordinada pola Universidade de Vigo e por Asime, realizou entrega ao Concello de Marín de cerca de 900 pantallas protectoras, que veñen a reforzar os fondos de material de prevención que ten o municipio para distribuír entre aqueles servizos esenciais municipais que o precisen.

O tenente alcalde, Manuel Santos, quixo facer público “o enorme agradecemento do Concello por esta doazón a todas as persoas implicadas”. Santos recolleu o material na Subdelegación do Goberno en Pontevedra.


22/04 Repartidas nas farmacias da vila as primeiras 2.200 mascarillas elaboradas por voluntariado

A campaña de voluntariado para a confección de mascarillas está a ser todo un auténtico éxito que xa comeza a dar os seus froitos. Esta mañá, repartíronse 11 lotes de 200 mascarillas elaboradas por voluntarios ás diferentes farmacias da vila, onde se dispensarán á cidadanía, dando prioridade aos grupos de risco, como ás persoas maiores.
Os establecemos nos que se repartiron as mascarillas, previamente desinfectadas cumplindo con todas as medidas de hixiene, son:


21/04 Colaboración entre os centros educativos e o Concello para que o alumnado dispoña do material didáctico necesario

As directivas dos centros identifican aqueles casos puntuais nos que se precisa de axuda para dispoñer dun dispositivo electrónico ou material e coordina co Concello a súa entrega no domicilio ou na área de conserxería do centro.

Máis info


17/04 158 persoas súmanse á campaña de voluntariado impulsada polo Concello para a elaboración de mascarillas

“Estamos moi agradecidos e abrumados”. Ese é o balance que fai o Concello da posta en marcha da campaña de voluntariado impulsada para a elaboración de mascarillas, despois de que 158 persoas contactasen co Consistorio para mostrar a súa intención de participar.
A finalidade desta campaña é a de poder dotar a toda a cidadanía marinense destas unidades de cara ao comezo do proceso de desescalada do confinamento, xa que durante os próximos meses será esencial manter as medidas de prevención de contaxios.
Segundo explicaron esta mañá fontes municipais, xa entregaron nos domicilios dos primeiros voluntarios máis de 60 paquetes co material, que inclúe tea, fío e gomas. Con esa cantidade, xa se poderán confeccionar 6.000 mascarillas, unha cifra que aumentará a medida que se poidan entregar máis lotes de material.
O Concello quere agradecer profundamente a todas as persoas que se inscribiron na campaña a súa disposición a axudar nestes momentos, “nos que traballando xuntos superaremos esta situación e conseguiremos que a volta á normalidade sexa máis segura”.
O interese mostrado neste voluntariado incluso fixo que xurdiran iniciativas de colaboración entre os participantes, como a elaboración de vídeos explicativos do proceso de confección, como o que se pode atopar nas redes sociais do Concello.


14/04 O Concello inicia un voluntariado coordinado para confeccionar mascarillas de cara ao inicio da desescalada

O Goberno local toma esta iniciativa despois do ofrecemento de moitos veciños e veciñas a colaborar na dotación destas unidades para a cidadanía en xeral. O Concello aportará o material necesario e unhas directrices básicas para a súa confección.
A veciñanza que teña interese en participar deberá enviar un email a alcaldia@concellodemarin.es ou chamar ao 986 88 10 00, indicando nome e apelidos e teléfono de contacto.

Máis info


13/04 Reparto de mascarillas durante hoxe e mañá para o persoal que se incorpora ao posto de traballo

A Policía Nacional, seguindo as directrices de actuación a nivel estatal, realizou durante esta mañá un reparto de cerca de 2.000 unidades de mascarillas a todas aquelas persoas que este luns retornaron aos seus postos de traballo utilizando o autobús.
Con este reparto, preténdese axudar a extremar as medidas de prevención de contaxios e así minimizar o risco entre os empregados e as empregadas.
Mañá, a Policía Nacional continuará entregando estas unidades.


08/04 Aviso importante de Tesourería

ACLARACIÓN IMPORTANTE do departamento de Tesourería relativo aos pagos do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e da taxa de ocupación da vía pública con vado permanente correspondentes ao ano 2020 .


08/04 Ramallo dá conta aos portavoces dos grupos políticos da Corporación das últimas medidas adoptadas no protocolo de acción local fronte ao Covid19

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, convocou por vía telemática aos portavoces dos grupos políticos que conforman a Corporación marinense a unha Xunta de Portavoces para dar conta sobre o protocolo de acción local contra o coronavirus que está a levar a cabo o Concello e analizar as necesidades de tomar novas medidas tanto sociais como económicas para tratar de paliar as consecuencias que acarrea a crise sanitaria.

Máis info


05/04 O Concello estrea unha nova vía de comunicación coa cidadanía: unha canle de Telegram

Nestes momentos de crise sanitaria, a información de fontes oficiais, verídica e contrastada, é máis necesaria que nunca en todos os niveis, tamén no municipal. Por iso, o Concello de Marín vén de poñer en marcha unha vía máis de comunicación pública coa veciñanza: unha canle de Telegram.

Máis info:


01/04 Os portavoces da Corporación municipal reúnense telemáticamente para facer balance da crise sanitaria na vila

A alcaldesa, María Ramallo, e os portavoces do PP, PSOE E BNG, Manuel Santos, Manuel Pazos e Lucía Santos, para avaliar a xestión do Covid19 e mostrar a unidade da Corporación nestes momentos difíciles para toda a sociedade.

Máis info


30/03 A alcaldesa mantén unha reunión de coordinación coa Policía Nacional e coa Policía Local

O encontro de traballo, que tivo lugar esta mañá no Concello, contou coa presenza do inspector xefe da Comisaría da Policía Nacional en Marín, Esteban Pinilla, e co xefe da Policía Local, Benigno Blanco.
Intensificaranse os controis para evitar especialmente que non se utilice nin o paseo de mascotas nin a compra no supermercado como escusas para que saian todos os membros dunha mesma familia o mesmo día á rúa.

Máis info


28/03 A alcaldesa de Marín, María Ramallo, lanza a toda a veciñanza unha mensaxe de ánimo e de fortaleza.


27/03 Servizos Sociais contactou nestes días con máis de 600 anciáns da vila para coñecer a súa situación durante o confinamento

Moitos deles confirmáronlle ao Concello que se atopan ben e que non precisan axuda, pero agradecen profundamente a preocupación e a tranquilidade que lles proporciona o contacto directo ca administración local, por se a súa situación mudase nalgún momento.

Máis info


25/03 A solidariedade tamén chega aos labores de limpeza no Concello de Marín


Loitar contra o coronavirus é unha tarefa de todos e todas. O pobo de Marín e o seu tecido produtivo son conscientes da importancia que ten cumprir con todas as medidas de prevención e de hixiene fronte a posibles novos contaxios e por iso día a día aumentan as mostras de solidariedade para co Concello e a Policía Local.
Así, o Concello recibiu onte unha doazón por parte de Elnosa, consistente en 1.400 litros de hipoclorito e en varias pantallas de seguridade para a súa correcta manipulación.
Por outra banda, a empresa Agrícola Marín tamén entregou esta mañá nas dependencias da Policía Local unha sulfatadora eléctrica que se utilizará para esparexer desinfectante.
A estas dúas doazóns solidarias, súmase tamén a actuación de Adega de Ardán, que por iniciativa propia e de maneira voluntaria, sempre en previa coordinación co Concello, está a axudar na desinfección e limpeza de diversos puntos desta parroquia.
A alcaldesa, María Ramallo, agradeceu “todas estas mostras de solidariedade” e explicou que estes labores de desinfección son “moi importantes” para poder manter en perfecto estado as principais rúas da vila, co obxectivo de evitar que se produzan novos contaxios co movemento de persoas que se produce dentro das excepcións recollidas no decreto de estado de alarma.


25/03 O Concello recibe un reforzo de material de protección por parte da Xunta de Galicia

Guantes, mascarillas e EPIs conforman o pack de axuda e reforzo de material, que será repartido entre os axentes da Policía Local e os operarios públicos que seguen traballando en servizos mínimos, como a brigada de limpeza ou Protección Civil. O Centro de Saúde e as empresas que traballan na atención a domicilio están “totalmente servidas” destes materiais, afirmou a alcaldesa, María Ramallo.


24/03 A empresa Disgatok súmase á brigada de limpeza municipal e a Protección Civil nas labores de desinfección da vila

Ca situación sanitaria que estamos a vivir, o traballo habitual de limpeza viaria viuse cuadriplicado, dado que é necesario realizar chorreos e desinfeccións especiais no municipio para evitar o máximo posible a propagación do coronavirus.

Máis info


23/03 O Concello de Marín contacta cos maiores de 80 anos que viven sos para ofrecerlles axuda durante o confinamento

As rondas telefónicas aos veciños máis avellentados que poden precisar dalgunha axuda comezaron esta mañá. En caso de ter que botar unha man, realizarase a través dos servizos de Protección Civil e estreita colaboración co propio Concello.

Máis info


22/03 A limpeza continúa nas principais vías urbanas

Por outra banda, a desinfección e o chorreo continúa nas rúas marinenses, poñendo especial atención naqueles lugares onde pode haber maior contacto ou tránsito de persoas para realizar os movementos permitidos dentro das medidas contempladas no estado de alarma. De tal xeito, estes traballos de limpeza leváronse a cabo esta mañá nas inmediacións de Correos, a Policía Nacional ou o Mercado de Abastos, tanto de Marín como de Seixo, entre outros puntos máis de risco, como a contorna da Residencia da terceira idade.


22/03 Unha vintena de efectivos da Brilat chegan á vila marinense para o operativo especial de hoxe

Durante o día de hoxe, a vila marinense contará cunha vintena de efectivos da Brilat que, coordinados coa Policía Local e a Nacional, garantirán que se cumpra de maneira efectiva o confinamento por parte da veciñanza de Marín, nun operativo especial de vixilancia que durará toda a xornada.

Á chegada dos efectivos á vila, levouse a cabo unha reunión de coordinación entre a alcaldesa, María Ramallo; o xefe da comisaría da Policía Nacional, Esteban Pinilla; o xefe da Policía Local, Benigno Blanco e o responsable do operativo da Brilat, en representación dos 20 axentes que realizarán as labores de control e supervisión na vila durante o día de hoxe.

Neste encontro de traballo, os tres corpos coordinaron o seu despregamento en todo o termo municipal, repartindo efectivos entre o casco urbano e as diversas parroquias, dado que haberá presencia policial e militar en todos os puntos da vila. Tamén se trazou a estratexia de control de entradas e saídas da localidade.

Ramallo quixo “agradecer profundamente a axuda que supón este reforzo por parte da Brilat”, que permitirá “que aumentemos as posibles liñas de traballo e intensifiquemos o control, de tal maneira que garantamos o cumprimento estrito do confinamento, que é primordial para loitar contra o coronavirus”.


15:43 A alcaldesa de Marín lanza unha mensaxe de ánimo e concienciación á cidadanía marinense

Máis info


16:45 O Concello informa da Resolución da Alcaldía relativa ás taxas municipais en curso e das medidas relativas á recadación que quedan suspendidas ou sen efecto durante a vixencia do estado de alarma

Unha resolución de Alcaldía deixa sen efecto e con cobro suspendido o imposto sobre vehículos de tracción mecánica, a ocupación da vía pública con reservas para aparcadoiro exclusivo, as taxas por auga, lixo e sumidoiro; a ocupación de vía pública con quioscos, venta ambulante, mesas e cadeiras; o servizo de mercado e o pago da escola de música.

Máis info


15.34 Intensifícanse os controis policiais e a limpeza urbana

O Concello de Marín continúa a traballar intensamente para o debido cumprimento a nivel institucional e por parte da cidadanía das medidas tomadas polo Goberno de España e a Xunta de Galicia enmarcadas no decreto do estado de alarma, para mitigar a expansión do Covid19.
Máis info


14.35 Resolución de Alcaldía

[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/03/PROPUESTA_7701_15032020.pdf” size=”large” color=”blue”]Resolución de Alcaldía para a adopción de medidas extraordinarias para a redución da actividade presencial no Concello[/button]

O Concello de Marín ven de publicar unha resolución de Alcaldía, pola cal se adoptan medidas extraordinarias destinadas á redución da actividade presencial no Concello, no marco da crise sanitaria que atravesa o noso país pola expansión do Covid19.

Esta situación fai recomendable deseñar os mecanismos necesarios para que sexa posible manter a prestación dos servizos esenciais do Concello, “á vez que adoptamos medidas cas que protexamos aos traballadores e traballadoras e minimicemos o risco de contaxios, tanto no ámbito laboral como na sociedade en xeral”, explicou esta mañá a alcaldesa, María Ramallo.

Creación do Comité de Seguemento da evolución do Covid19

A primeira medida adoptada é a creación do Comité de Seguemento da evolución do Covid19, que terá como función analizar a situación, adaptando as medidas actuais e as de posible nova posta en vigor en función de como vaia cambiando a situación a nivel estatal, garantindo sempre a unidade de acción, “peza fundamental na xestión desta crise sanitaria”, alegou a alcaldesa.

Este comité estará presidido por María Ramallo e composto por un ou varios concelleiros/as, o xefe da Policía Local, os/as xefes/as dos servizos municipais e, no seu caso, outros membros do Goberno, tal e como se recolle na resolución. Todas as reunións do comité serán, preferentemente, por vía telemática, telefónica ou por videoconferencia.

Suspensión das sesións periódicas dos órganos municipais colexiados

Quedan suspendidas as sesións da Xunta de Goberno Local, o Pleno da Corporación e as Comisións Informativas. O único órgano que estará en funcionamento será o devandito Comité de Seguemento.

Peche total da atención presencial nas oficinas municipais

Esta medida terá varias excepcións, consideradas como servizos públicos mínimos de carácter esencial. A pesar diso, a atención nestes casos tamén será telefónica ou telemática, relegando a atención presencial a cuestións de extrema necesidade, para as que deberá pedirte cita previa. Os servizos concretos son:

  • Seguridade e emerxencias
  • Servizos sociais
  • Información e asistencia en materia de rexistros
  • Servizo municipal de novas tecnoloxías
  • Brigada municipal de obras e servizos
  • Brigada municipal de medio ambiente
  • Cemiterio municipal
  • Servizo de limpeza municipal

Teletraballo para a plantilla municipal e quendas para os servizos mínimos

A resolución de Alcaldía recolle que todos os empregados públicos municipais cuxas funcións poidan desenvolverse a distancia prestarán o servizo desde o seu domicilio, na modalidade de traballo non presencial.

No que respecta aos postos que non poden adoptar este tipo de traballo a distancia, recóllese a obligatoriedade para os traballadores de quedar no seu domicilio, a excepción daqueles que desempeñen funcións incluídas nos servizos mínimos esenciais.

Nestes casos, estableceranse quendas, acudindo os traballadores a días alternos e extremando as medidas de distanciamento e hixiene persoal e do espazo de traballo, minimizando así o risco de contaxio.

O Concello avisa de que todos os empregados públicos municipais deberán permanecer localizables dentro da súa xornada laboral ordinaria e deberán reincorporarse ao seus postos no caso de que así se requira por unha situación excepcional.

Suspensión indefinida do traballo presencial para colectivos de risco

De maneira indefinida, o traballo presencial será suspendido indefinidamente para:

  • Mulleres embarazadas ou en período de lactancia, así como os empregados/as públicos do Concello que convivan con elas
  • Persoas declaradas de risco polas autoridades sanitarias (diabetes, insuficiencias respiratorias, enfermidades cardíacas, persoas inmunodeprimidas), así como os empregados/as públicos do Concello que convivan con elas
  • Persoas que convivan con persoas maiores ou con enfermidades crónicas.

Tramitación telemática dos procedementos municipais

Tal e como xa se viu anunciando estes días, a veciñanza de Marín poderá realizar trámites burocráticos de maneira telemática ou telefónica, a través de varias vías:

O Concello lanza un chamamento á calma para aqueles cidadáns que teñan algún trámite pendente. “Somos conscientes desta situación”, asegurou a alcaldesa, que recorda a todos os veciños e veciñas que “se teñen algunha cita pendente, poderán recuperala no futuro, cando remate a vixencia destas medidas”.

Ademais, con esta resolución de Alcaldía quedan interrompidos os prazos para a tramitación de procedementos, polo que non existe problema no caso de non realizar presentación de documentación ou outras accións burocráticas pendentes.


18.12 Actualización

O Concello de Marín quere agradecer a toda a veciñanza a súa implicación no respecto e na asunción das medidas de comportamento que se deben seguir durante as vindeiras semanas para loitar contra a propagación do coronavirus, seguindo as indicacións do decreto da Xunta de Galicia.

Co decreto do estado de alarma no noso país, lembramos que é obrigatorio respectar estrictamente o confinamento domiciliario, a non ser que se cumpra algún destes supostos:

– Adquisición de alimentos, productos farmacéuticos ou de primeira necesidade
– Asistencia a centros sanitarios debido a unha urxencia
– Desprazamento ao lugar de traballo
– Retorno ao lugar de residencia habitual en caso de atoparse fóra de casa
– Asistencia e coidado aos maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables
– Desprazamento a entidades financieiras
– Por causas de forza maior ou de primeira necesidade
– Calquera actividade de análoga natureza debidamente xustificada, como baixar ao can

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, agradece de novo a colaboración de todos os marinenses e lembra que “no caso de ter que realizar algún desprazamento, cumpramos tamén todas as medidas de hixiene e de prevención adoptadas, como manter a distancia de seguridade de entre un metro e medio e dous coa persoa que nos atende ou coa persoa que teñamos diante da cola, entrar dun en un nas dependencias de atención ao público…”.

“Así a todo, pedímoslle aos veciños que, como xa anunciamos estes días anteriores, traten de utilizar os medios telemáticos e telefónicos sempre que sexa posible”, engade a rexedora.
Por outra banda, a alcaldesa destacou que tampouco se vai dar ningún problema de desabastecemento alimenticio, “polo que pregamos que non se dean acumulacións nos supermercados e centros de alimentación, porque poderán atoparse todos os alimentos de primeira necesidade sen ningún tipo de problema”.
E, por suposto, Ramallo e todo o Goberno local fixeron extensivo o seu agradecemento aos profesionais sanitarios que están a traballar intensamente pola saúde de todos e todas.


19:28 Peche das praias, das canchas deportivas ao aire libre e dos parques infantís das parroquias

Esta tarde, o Concello de Marín decretou o peche das baixadas ás praias do municipio en coordinación ca Policía Local. Tamén se pecharon os parques infantís situados nas parroquias (os do centro urbano xa estaban pechados desde onte), dado que había usuarios neles, e as canchas deportivas que hai ao aire libre.

15.25 Actualización

A Policía Local de Marín e o Concello están tratando de velar polo cumplimento expreso das medidas decretadas pola Xunta de Galicia e polo Ministerio de Sanidade para afrontar a crise sanitaria provocada polo coronavirus, unha crise que precisa da implicación individual, actuando con responsabilidade e cumplido estrictamente con todas as recomendacións.

O teléfono da Xefatura é un punto de atención á cidadanía moi importante que está sendo moi utilizado, polo que se reforzará a atención telefónica para poder atender correctamente a todas aquelas persoas que precisen utilizar esta vía de comunicación.

Por outra banda, tanto o Concello como a Policía instan á cidadanía e aos establecementos afectados polas novas medidas adoptadas a cumplir con todo o establecido.

Esta tarde, decidirase se é necesario clausurar as praias do municipio, como xa se fixo cos parques infantís no día de onte.

Medidas preventivas do Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Marín

Ante a situación de propagación do Covid-19, o Concello de Marín tomará unha serie de medidas, en paralelo ás anunciadas pola Xunta de Galicia esta mesma mañá e co obxectivo de con- ter os contaxios, sempre desde a calma e desde a responsabilidade colectiva ante este panorama sanitario excepcional.

 

Enlaces oficiais con información de interese

[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/03/PROPUESTA_7700_13032020.pdf” size=”large” color=”blue”]Resolución Alcaldia[/button]

[button link=”https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/ciudadania.htm” size=”large” color=”blue”]Información Ministerio de Sanidade[/button]

[button link=”https://coronavirus.sergas.gal/” size=”large” color=”blue”]Información SERGAS[/button]

[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/03/PROPUESTA_7701_15032020.pdf” size=”large” color=”blue”]Resolución de Alcaldía para a adopción de medidas extraordinarias para a redución da actividade presencial no Concello[/button]

Anterior Un diploma para felicitar aos máis pequenos da casa pola súa loita contra o coronavirus

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados