Inaugurada a nova edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Marín

Inaugurada a nova edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Marín

O salón da Biblioteca Pública Vidal Pazos acolleu, a xornada inaugural de presentación da nova edición do Programa Integrado de Emprego de Marín, antes coñecido como Empregamarín, unha oportunidade de incursión no mundo laboral a través da formación.
O axente de emprego do Concello, Alfredo Montero, e o tenente alcalde, Manuel Santos, foron os encargados de dar a benvida aos novos participantes deste programa. Tamén estiveron presentes as dúas técnicas que se encargarán de deseñar as accións formativas, adaptadas ás necesidades e peticións específicas deste novo grupo de usuarios do plan integrado.
Tanto Costa como Montero resaltaron a importancia da “dedicación” dos participantes. “A base do éxito deste programa, que nas súas antigas edicións acadou moi boas cifras de inserción laboral, sodes vos”. “Trátase dun programa que podedes aproveitar moito. Deséxovos o mellor, moito ánimo e moita sorte”, declaroulles o concelleiro.
Pola súa parte, o axente local explicoulle aos presentes como serán os pasos a seguir a partir de agora. As técnicas do programa entrevistaranse de maneira individual con cada un dos participantes para coñecer a súa situación actual a nivel académico e laboral, ca fin de facer unha panorámica xeral do grupo e deseñar así “aquelas opcións de formación que máis se adapten”.
Montero asegurou que a día de hoxe o programa conta cunha gran prospección de empresas, cas que poderán contactar de forma intermediaria para que os participantes do programa poidan achegar os seus currículums, tanto para as prácticas formativas para aqueles que precisen experiencia, como para outro tipo de modalidades contractuais, no caso de que así xurda ao longo do tempo.
En total, serán cen os participantes desta edición. O programa supón unha inversión de 250.000 euros, 200.000 dos cales son aportados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Anterior A Xunta achegará 200.000 euros para habilitar un centro de día no primeiro andar da Casa do Mar de Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados