31 maio de 2021. – A Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña e o xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, D. Yonathan Carreira, reuníronse no Concello, coa finalidade de preparar a II Edición da Feira de Oportunidades “Stock Marín”, que terá lugar os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto, en horario de de 11h a 14h e de 18h a 23h.
Ao igual co ano pasado, a carpa pechada doutros anos sustituirase por carpas individuais de 5*5m e de 3*3m que se instalarán na Alameda e que permitirán controlar o aforo e respectar as condicións hixiénico sanitarias.
Os establecementos do Concello de Marín, terán preferencia á hora de solicitar a súa participación e cobrarase o seguinte prezo, para sufragar custos de publicidade e promoción do evento:
Carpas de 3*3m: 60€.
Carpas de 5*5m: 120€
Para participar, os establecementos só teñen que poñerse en contacto co CCA Estrela de Marín, nos teléfono 986 89 11 12 – 690 86 89 28, ou achegarse ata a nosa sede social sita na Rúa Real nº10 baixo ou enviar un email a info@estrelademarin.gal.
O prazo para inscribirse no evento remata o 25 de xuño e a distribución do espazo, entre os participantes, farase por sorteo que se celebrará no Concello.
Esta acción inclúese dentro do Plan de Reactivación Comercial do Concello, que asume os custos da montaxe e parte dos custos do control e vixianza do evento.
Nestes momentos que estamos vivindo, consideramos que esta fórmula comercial é a mellor maneira de que o comercio de proximidade lle poida dar saída aos stocks acumulados durante a pandemia e deste xeito xerar liquidez de xeito inmediato.