Foi presentado a Concelleira de cultura o cartel para a II edición da mostra de camelias de Marín, “Camelias e mar” , que o ano pasado tivo moitísimo exito, o que fixo que a Sociedad Española da Camelia voltara apostar por Marín.
A concelleira quixo por en valor o excelente traballo das marinenses involucradas na organización do evento, e agradecer a súa total implicación.
O cartel, volta a reunir nunha mágnífica fotografía de Cristina Barreiro a camelia , nesta ocasión a elixida é a darónega, que, unha camelia amarela , moi suave e bastante especial, epor suposto elementos marítimos, xa que a camelia é unha flor que gusta moito estar preto do mar, sendo as Rias Baixas un lugar perfecto para a súa floración. Cristina e Mara Fariña son a alma máter desta mostra.
Nesta segunda edicion, de flor natural terá lugar o fin de semana do 9 e 10 de febreiro no museo torres, e irá acompañado dunha exposición de pintura, e fotografía.