Consello Municipal da Muller

Consello Municipal da Muller

O Consello Municipal da Muller é un órgano que promove iniciativas e actividades en prol da igualdade real entre homes e mulleres, pola inclusión e pola loita contra a violencia machista.

Leva 15 anos de traballo e está conformado polas concelleiras da área de Igualdade, os servizos técnicos do CIM, a traballadora social e a representación dos grupos da Corporación municipal, así como das asociacións de mulleres ou con vocalía de muller.

A súa posta en marcha iniciouse mediante a aprobación dun regulamento, que foi elevado ao Pleno no 2006.

Baixo o paraugas do Consello da Muller realizáronse manifestacións, iniciativas, logros, actividades…, destacando os Premios Lazo Violeta ou os gremios homenaxeados no 8 de Marzo como exemplos de iniciativas nacidas no seno do Consello.

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados