O Colexio A Inmaculada proclamouse campión do I Campionato Escolar de Remo Ergómetro Ence-Concello de Marín, celebrado este venres no Pavillón do Sequelo. Participaron ademais do colexio gañador, os Colexios San Narciso (2°), Seixo (3°), Ardán, Carballal, Sequelo, Salvador Moreno e Sagrado Corazón de Placeres. Mais de 200 alumnos de 5° e 6° de Primaria que disfrutaron dunha xornada deportiva.