Up/in the air foi o manuscrito que acadou a unanimidade por parte do xurado, que se reuniu telematicamente o venres pola tarde ás 17.30 horas e destacou da obra de Fernández a orixinalidade, o coidado do ritmo e a interesante forma de abordar a relación entre o mar e a distancia.
Marín, 13 maio 2024
Up/in the air, a historia dun traxecto en avión a Belgrado, de Francisco Javier Fernández Davila, resultou ser a obra premiada no XXII Premio de Poesía do Concello de Marín, convocado polo Día das Letras Galegas.
O xurado, composto polos poetas Lara Dopazo, Tamara Andrés, Ismael Ramos, e pola xornalista Susana Pedreira, reuníuse para deliberar sobre as 77 obras presentadas o venres pola tarde, de xeito telemático, e considerou por unanimidade que o manuscrito de Fernández Davila, presentado baixo o sistema de plica, tal e como se pode ler nas bases, era o merecedor para acadar este premio indivisible de 1.000 euros, que lle será entregado no acto institucional do Día das Letras do Concello de Marín.
O xurado destacou do poemario a súa oroxinalidade, o coidado do ritmo e a interesante forma de abordar a relación entre o mar e a distancia, coa voz poética dunha segunda xeración.
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, foi a encargada de trasladarlle a boa nova ao premiado, que participará no acto institucional do Día das Letras Galegas, programado para o venres 17 ás 12.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.
Breve currículo
Francisco Javier Fernández Davila (Vigo, 1974) é enxeñeiro de minas e MBA en Responsabilidade Social Corporativa pola Universidade de Vigo. Comezou a escribir a principios do ano 2016 e diversos obradoiros de escrita creativa impartidos por Clara do Roxo.
Desde entón, cultivou a escrita presentándose e recibindo premios en distintos certames ao longo do país:
2016
● Finalista do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo.
● Segundo premio de poesía no X Certame Literario Terras de Chamoso, coa obra Capetón
● Primeiro premio no I Certame de Enxeñería Sen Fronteiras, coa obra Capetón
● Segundo premio de relato no XLIX Concurso Literario Casino Ateneo de Béjar, coa súa obra Aliento de Bronce
2017
● Gañador do Concurso de Relato Curto “A Cividade” de Mos, co relato O Premio
● Gañador do V Concurso de Microcatrorrelato, con As balas de Koch
● Gañador do XVII Certame de Novela por Entregas de La Voz de Galicia con
A senda de sal, publicada pola Editorial Galaxia na súa colección Literaria.
2018
● Primeiro premio de Relato Curto e primeiro Accésit de Poesía da Universidade de Vigo, con K.A.R.M.A e Dama de Auga, respectivamente
● Vencedor do XVII Certame Antón Avilés de Taramancos, en Noia, o que levou á publicación da súa segunda novela cura Alana
● Primeiro premio do VI Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galiza de Gipuzkoa, con Trashumántica
● Primeiro premio do XVII Certame de Relato Curto Concello de Mugardos, con O Mendigo
● Gañador do XII Premio de Poesía Victoriano Taibo, coa publicación do seu primeiro libro de poesía Mover os Marcos
● Primero premio no XXXIII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá por Poemas de aeroporto
● Terceiro premio no VII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galiza de Guipuzkoa, por A miña pel en tatuaxes
2020
● Accésit do XXXIV Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá por O matrimonio é unha nasa
● Segundo premio no IX Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro por
mICROrREtRaTOs
● Primeiro premio de poesía Concurso de Relatos y Poemas “Letras con Morriña” de Arxentina, declarado de interese cultural da cidade de Buenos Aires, co poemario en galego e inglés Puerto Deseado
2021
● XI Concurso de relatos de inspiración científica, con Lúa Negra
● Segundo premio do XV Certame Literario Terras de Chamoso por Rexina
2022
● Premiado no XIX Certame Literario Concello de Ames de narrativa por A extinción dos homes
● Primeiro premio no VIII Certame de Poesía María Mariño de Teo, por The
Walking verses ou o ataque dos poemas zombis
● Segundo premio no VI Certame Vilarinhas
● Gañador do XXXVI Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá por
Incendios
2023
● IX Certame poético Rosalía de Castro do Concello de Padrón, por
kompostela
● VIII Premio de Novela Curta Antón Risco por Primavera
● Primeiro premio de Poesía no XX Certame Literario de Ames por Sobre as linguas en Comala
● XVII Premio Repsol de Narrativa Breve, coa novela Groenlandeia, publicada por Galaxia
● IX Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro por palabras mortas, que publicará Medulia Editorial no 2024
- Up/in the air, a historia dun traxecto en avión a Belgrado