Os traballos de limpeza da marxe e do cauce do río Lameira foron rematados onte. Este procedemento pretende manter nas mellores condicións posibles este recurso hidrográfico da vila.
Para levar a cabo a actuación, foi necesario pedir unha autorización a Augas de Galicia, organismo dependente da Xunta, e en todo momento foi respectada a vexetación de ribeira, conservando as especies de flora e de fauna necesarias para o desenvolvemento das funcións ecolóxicas do ecosistema fluvial. Asemade, eliminouse a vexetación foránea invasora.
Agora, o Concello continuará levando a cabo estas limpezas no río Loira e nos regos da Mouta, Cachadiña e Casás.