Finalizada a instalación do mobiliario urbano en Ezequiel Massoni

Finalizada a instalación do mobiliario urbano en Ezequiel Massoni

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos, visitaron recentemente o novo mobiliario colocado na rúa Ezequiel Massoni, do que xa se finalizou a súa instalación.
As novas xardineiras que decoran as esquinas da rúa contan cunha ornamentación floral que embellece o aspecto xeral do vial. Ademais, grazas ao seu deseño evítase que os coches estacionen indebidamente nestas áreas, nas que antes era habitual que se comete este tipo de infracción, e permite o descanso dos viandantes, cos novos bancos de madeira que se incorporaron.
Por outra banda, o Concello xa iniciou a retirada dalgunhas das árbores que estaban mal ubicadas nas beirarrúas, molestando ao tránsito de peóns.
Novo asfaltado
Unha vez pasadas as festas do Nadal, o Concello ten proxectado renovar todo o asfaltado desta rúa, para rematar ca súa mellora. Ademais, volveranse pintar as sinalizacións de tráfico.

Anterior A Fundación Juan XXIII e o Concello colaborarán para mellorar a accesibilidade cognitiva dos edificios institucionais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados