Finalizada a humanización da Rúa do Tombo

Finalizada a humanización da Rúa do Tombo

As obras de humanización da Rúa do Tombo xa locen o seu aspecto final. A rúa xa conta con novas beirarrúas e cunha mellora xeral da súa estética e comodidade, grazas a esta actuación, que se executou ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra, da man da empresa Construcciones Fechi, por un importe de 120.763,47 euros.

Coa humanización, a rúa gana unha beirarrúa na marxe esquerda para mellorar o tránsito de peons entre a Avenida de Ourense e Concepción Arenal.

Un dos puntos máis importantes desta actuación, ademais da mellora visual do aspecto do viario, ten que ver ca renovación de toda a rede de saneamento que vai baixo a rúa. Isto era unha necesidade urxente dado que, segundo explicou o Concello, durante as tarefas de revisión e mantemento da rede municipal foi detectado un mal funcionamento do colector instalado, ao que chegan as augas pluviais e residuais da rúa Pitanxo e de parte de Concepción Arenal.

Neste último viario, tamén avanzan a bo ritmo as obras da segunda fase de humanización, que se extenden desde a intersección coa Rúa José Trasande ata a Rotonda das Anclas.

Anterior Finalizadas as obras de instalación do ascensor no Museo Manuel Torres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados