O Concello procedeu días atrás á reparación e colocación de novo das pedras que configuraban o empedrado da rúa Fuente del oeste.
As demandas dos vecinos e o mal estado en que se atopaba fixo ó concello adquirir o compromiso que se tiña tomado para poder poñela nun estado menos perigoso e que non dificultase a movilidade.
Nun primeiro momento íanse a colocar as pedras que maioritariamente atopánbanse levantadas, descolocadas e sobresaídas do firme, e que estaban provocando importantes inconvintes os que por alí pasan e ós veciños.
Cando se inicia esta reparación, a empresa contratada observa que prácticamente as pedras se moven nada máis tocalas e que resulta necesario para tratar de ataxar o deterioro, levantalas por partes, afianzalas cunha solera de formigón e proceder a colocalas de novo.
As actuacións que se están acometendo para que esta rúa desta zona da parte antiga do barrio de Cantodarea poida contar cunha mellora importante nesta rúa que é moi transitada, a alcaldesa acompañada de varios concelleiros visitou a zona para ver a mellora e poder realizar outras melloras no entorno.