As concelleiras Marián Sanmartín, Itziar Álvarez e Mónica Viqueira presentaron o cartel e a programación das festas da patroa de Marín, que se desenvolverán entre o 7 e o 10 de setembro.
Marín, 1 setembro 2023
Setembro arranca en Marín sen dar apenas respiro á programación festiva. A partir do día 7 e ata o 10 celebraremos as Festas Da Virxe do Porto, en honra á patroa da vila. As concelleiras Marián Sanmartín, Itziar Sanmartín e Mónica Viqueira presentaron este mediodía o cartel festivo e a programación completa, que está pensada para desfrutar todos os públicos.
Xoves, 7 de setembro
22:00h. Broken Peach na Alameda
Venres, 8 de setembro
11:00 – 14:00h. Palillada de Bolymar. Alameda
12:00h. Misa e Procesión. Coral Lembranzas, Airiños de San Xulián, Banda ENM V Festa da Exaltación do Peixe da Raia. Asoc. Botón de Ancla:
19:30h. Pasarrúas Charanga Jalácticos
21:00h. María do Ceo na Alameda (son e iluminación Dibay, palco de 50cm e sillas, lugar próximo para cambiarse e baño próximo)
23:30h. Festival de DJs Galicia en Marcha, coas actuacións de David Expósito, Raul Romero e Julen DJ. Haberá pirotecnia fría, bailarís, acrobacias aéreas, canón de confetis e moitas máis sorpresas.
Sábado, 9 de setembro
V Festa da Exaltación do Peixe da Raia. Asoc. Botón de Ancla:
- 13:30h. Sesión vermut con Luis Moreta na Alameda
- 18:00h. Segundo pase con Luis Moreta na Alameda
- 19:30h. Pasarrúas Grupo de Gaitas Carballido Memorial Antonio Fernández dos Chaneiros:
- 19:30h. Recepción no Concello
- 20:00h. Actuación na Alameda
Domingo, 10 de setembro
V Festa da Exaltación do Peixe da Raia. Asoc. Botón de Ancla.
- 12:00h. Pasarrúas Grupo de Gaitas Carballido
- 19:30h. Actuación do Trío Musical Nueva Estrella na Alameda