O galego e ex-xogador de baloncesto español, Fernando Romay Pereiro, será o presentador da próxima edición da Gala do Deporte de Marín 2015, que se celebrará o venres día 29 de xaneiro no Salón de Plenos do Concello de Marín.
Sen dúbida, un presentador de altura, gracias aos 213 cm de altura que ten o que fóra xogador do Real Madrid (1976-1993) e da Selección Nacional coa que acadou aquela histórica prata olímpica nas Olimpiadas de Os Ánxeles 1984, nunha final contra o todopoderoso equipo dos Estados Unidos.
Ademais de ese histórico logro, tamén conta con outra medalla de prata no Eurobasket de Nantes de 1983, sen olvidarnos do seu impresionante historial coma xogador do Real Madrid: 2 Copas de Europa, 7 ligas, 5 Copas do Rei, 3 Recopas de Europa, 1 Copa Korac, 2 Copas Intercontinentais, 1 Mundial de Clubes, … e un largo etcétera antes de que no ano 1995 xogando nas filas do CB Zaragoza colgase as botas. Ó ano seguinte fixo os seus pinitos no mundo do Fútbol Americano nos Panteras de Madrid, co que tamén acadou o título de liga nacional.
Tra-la súa carreira deportiva, Fernando segue ligado ao baloncesto na Federación Española de Baloncesto, sendo uns dos comentaristas habituais nas retransmisións de baloncesto por televisión. Non podemos esquecer a súa laboura coma presentador do programa Noche Noche de Antena 3 co tamén coñecido Emilio Aragón.
Romay, un presentador de altura, para unha Gala que promete ser tamén de moita altura.