Exposición 15 visións da Secretaría Xeral para a Igualdade da Xunta

Exposición 15 visións da Secretaría Xeral para a Igualdade da Xunta

O Concello de Marin a través do CIM pon a disposición do público a exposición titulada “15 VISIÓNS” dende o 17 de outubro ata o día 11 de novembro na entrada do Concello de Marín .

Esta exposición foi concedida pola Secretaría Xeral da Igualdade a través da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) ao Concello de Marín.

A exposición “15 visións: unha perspectiva de diferentes realidades dende o punto de vista da Arte”, recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte recoñecidas na historia, como “A Gioconda” de Miguel Ángel ou “La Maja Vestida” de Goya. Ofrece unha perspectiva diferente baixo o prisma de xénero das realidades que son representadas nas diferentes fotografías.

Esta exposición será ofertada aos centros educativos do concello para que a poidan visitar.

Anterior Declaración Medioambiental

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados