Este pasado domingo, o Pavillón de A Raña volveu a converterse no epicentro galego da ximnasia rítmica. Novamente a Federación Galega de Ximnasia elexíu á nosa localidade esta vez para a celebración do CAMPIONATO GALEGO BASE INDIVIDUAL DE XIMNASIA RÍTMICA. O clube organizador, CLUBE INMARE, é parte importante de que a Federación Galega elixa Marín para a celebración destes eventos.
No evento deste domingo, un total de 73 ximnastas de toda Galicia disputáronse os títulos galegos da modalidade en tódalas categorías seguintes: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil cadete e xuvenil.
A única representante do clube local, Raquel de la Torre, en categoría alevín, acadou un meritorio 7º posto cunha nota final de 5,47. A relación de campionas galegas por categoría foron:
PREBENXAMIN – Naila Muñiz (Clube Biqueira)
BENXAMIN – Zaira Rodríguez (Clube Maniotas)
ALEVÍN – Lucía Dorado (As Triscas)
INFANTIL – Verónica González (As Triscas)
CADETE – Paula Villanueva (As Triscas)
XUVENIL – Ainhoa Soto (Vila de Pontevedra)
Pero o ritmo da ximnasia non termina con este evento, pois dende este venres 18 ate o domingo 20, terá lugar a celebración conxunta da Copa Galicia Internacional e da Copa Galicia, ambas en Ximnasia Acrobática, eventos que voltamos a rep