Xornadas Blanco Freijeiro 2024
Cartel Xornadas Blanco Freijeiro 2024
Fecha
25/11/2024 - 01/12/2024
Hora
Localización
Biblioteca Municipal 'Vidal Pazos'
De CULTURA
A selección da temática que se propón segue a liña das Xornadas de 2022, partindo dunha materia de actualidade sobre a que se reflexiona dende o punto de vista histórico. Naquela ocasión foi o cambio climático e desta vez será a quenda da Intelixencia Artificial, non tanto na vertente tecnolóxica senón no gran cambio que se prevé vai xerar nas nosas vidas, na humanidade, e que vai a deparar un futuro difícil de prever hoxe en día. Un cambio desta envergadura, que supón o paso dunha realidade sociocultural e económica a unha nova moi distinta, proponse analizar dende unha perspectiva histórica, centrando a mirada noutros grandes cambios que xa se teñen producido na historia de Occidente, e que foron determinantes na xénese da sociedade actual. O luns 25 será a xornada de presentación das xornadas. Ás 20.00 horas, farase entrega da documentación e confirmación da inscrición. E ás 20.30 horas inaugurará o ciclo a concelleira de Patrimonio. A partir de entón, serán todos os días as charlas ás 20.00 horas. O martes 26 falarase de “A chegada da escritura á Galicia castrexa: a revolución cultural da intelixencia romana”, coa profesora titular de Historia Antiga da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Ana María Suárez Piñeiro. O mércores 27 será sobre “Un xiro definitivo: a produción de alimentos”, co catedrático de Prehistoria da USC Ramón Fábregas Valcarcel. O xoves 28 a charla versará sobre “A grande e a pequena manobra: a Revolución Industrial de Lancashire a Marín”, da man do catedrático emérito de Historia e Institucións Económicas da USC, Xoán Carmona Badía. Finalmente, o venres 29 pechará o ciclo a conferencia da “Intelixencia Artificial: un salto de fe ou o seguinte gran salto histórico?”, coa profesora titular do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña, Laura M. Castro Souto. Ás 21.00 horas, a alcaldesa, María Ramallo, clausurará as xornadas e entregará os diplomas de asistencia. O domingo 1 organizarase entre as persoas asistentes unha visita ao Museo das Salgadeiras de Moreiras, no Grove. Inscricións Para participar, é preciso inscribirse previamente de xeito gratuíto a través do mail xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com
Anterior II Festival Cine do Mar

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados