En total, participarán 19 equipos, “cunha composición parecida a do ano pasado” e un total de 600 nenos e nenas entre a fase previa e a final, que se desenvolverán no estadio municipal ao longo desta ponte, do venres ao domingo.
Este ano, ademais, haberá un importante xesto de recordo a Rubén Farto, cun memorial no seu nome despois do seu falecemento o ano pasado nun tráxico accidente de tráfico que conmocionou a toda a sociedade e ao deporte base marinense.