A Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello de Marín, organiza
un curso pensado para rachar coa fenda dixital que moitas veces aparta aos nosos
maiores da realización de tarefas cotiás nas que antes as novas tecnoloxías non
tiñan relevancia e que agora son o método de realización das mesmas.
A formación está destinada a veciños e veciñas de Marín de máis de 65 anos que
teñan un nivel de iniciación ao mundo da informática. As clases desenvolveranse
na Aula CeMit da Biblioteca Pública Vidal Pazos os venres 9, 16 e 23 de febreiro e o
1 de marzo, en horario de 10.00 a 12.30 horas e non precisan traer ningún tipo de
material. A formación centrarase en saber utilizar as máquinas de quendas de
Concellos e dos Centros de Saúde, como operar co caixeiro automático das
entidades bancarias, como usar e sacarlle partido ao teléfono móbil e como
desenvolverse coa App do Sergas.
As persoas interesadas poderán inscribirse no curso a través do mail
alcaldia@concellodemarin.es e haberá un máximo de 15 prazas. O día máximo
para inscribirse será o mércores día 7.