Entra en funcionamento a Zona 2H nas novas rúas

Entra en funcionamento a Zona 2H nas novas rúas

17 outubro 2022

O Concello vén de rematar o pintado e a sinalización das rúas nas que se amplía o sistema de regulación do estacionamento Zona 2H, que son:

1.- Zona próxima á Praza de Abastos

Na rúa Exército e Marina, ocupando todo o estacionamento existente na súa marxe esquerda, desde a entrada principal ata a súa bifurcación coa Praza de España. En total serán 20 prazas, repartidas do seguinte xeito:

– Desde o paso de peóns da entrada principal ata o final do edificio: 12 prazas
– Desde o final do edificio ata o paso de peóns de Correos: 4 prazas
– Desde o paso de peóns de Correos ata o final: 4 prazas

2.- Zona do Centro de Saúde

Na rúa Mestre Landín Pazos. Regularase o aparcadoiro público do INVIED que hai fronte á entrada do Centro de Saúde, así como a beirarrúa pegada ao edificio, exceptuando as prazas destinadas á ambulancia e a de persoas con mobilidade reducida. Serán 15 prazas.

3.- Zona da Rúa Méndez Núñez

No tramo situado entre o carga e descarga detrás do Concello ata o carga e descarga que hai detrás da Biblioteca Pública Vidal Pazos. Serán 12 prazas.

4.- Zona de Jaime Janer

Desde o cruzamento coa Travesía Jaime Janer até o cruce coa rúa Busto de Abaixo. Ocuparanse 11 prazas.

5.- Zona Rúa da Ponte

Ocuparase todo o tramo, unindo coas prazas xa existentes como Zona 2H. En total, dotarase de 20 prazas.

6.- Zona Avenida de Ourense

Habilitarase a Zona 2H desde o cruzamento da Rúa Carballino ata o a rúa do Tombo, con seis prazas.

Deste xeito, desde hoxe a Policía Local procederá ao control do estacionamento nestas zonas, para garantir o seu bo funcionamento.

O obxectivo, tal e como explican fontes do Goberno local, “é seguir ordenando o espazo urbano de Marín e garantindo que no centro urbano exista rotación nas principais rúas, nas que antes da implantación deste sistema gratuito era moito máis difícil aparcar”.

Anterior Moción conxunta dos grupos da corporación en defensa da frota pesqueira

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados