Encontros coa pequena empresa

Encontros coa pequena empresa

A xornada abriuna María Buceta, Presidenta de AJE Pontevedra, para dar a benvida e agradecementos ás diferentes autoridades e emprendedores asistentes así como recalcar a importancia da realización e participación destas xornadas de información e apoio aos emprendedores.

A continuación tomou a palabra María Ramallo, Alcaldesa de Marín, quen recordou os comezos do Espazo Emprendedor (no que se desarrollaba a xornada) agradecendo á Autoridade Portuaria de Marín, representada polo sue Presidente José Benito, a súa colaboración no proxecto do propio Espazo Emprendedor, tamén confirmou a disposición do Concello de Marín no apoio, fomento e defensa do emprendemento. Para finalizar aproveitou para presentar a súa nova Concelleira de Promoción Económica Beatriz Rodríguez.

Seguiu coas intervencións o novo Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Agustín Reguera, quen resaltou os esforzos da Xunta de Galicia na creación de emprego de calidade e defensa do texido produtivo de Galicia, dándose paso a continuación á parte técnica e formativa da xornada.

Comezou cunha presentación dos Polos de Emprendemento e apoio ao emprego, onde indicaron que son unha rede que traballa para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento que teñan unha vinculación coa súa contorna, e na que atoparás: acompañamento e asesoramento continuado, unha metodoloxía común

validada e adaptada a cada proxecto e titorización con profesionais de primeiro nivel. Ademáis nos indicaron que tanto se tes unha idea pero aínda non a botaches a andar, como se estás xa funcionando pero queres mellorar o teu negocio ou simplemente se pensas que emprender podería ser unha alternativa para o teu futuro laboral, na Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego querente acompañar.

Presentáronse dúas experiencias de emprendedores que pasaron polos Polos de Emprendemento:

  • Miguel de la Calle coa súa empresa Chorima Cosmética Atlántica.
  • Pilar Sotelino con A Avoa Makika (mermeladas artesanas).

Despois tocoulle o turno a Xefa de Servizo de Fomento ao Emprendemento, Patricia López Quintiá, que fixo un repaso a todas as axudas ao emprendemento e ao emprego que están abertas e en plazo agora mesmo na Xunta de Galicia así como un pequeño adianto das se están preparando e que sairán no DOGA nas próximas semanas ou meses.

Para o peche e despedida da xornada interviu o novo Secretario Xeral ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, quen fixo un breve repaso polo seu paso polo asociacionismo, indicandoo como pedra angular da súa experiencia, e pola súa vida profesional como autónomo que o levaron ata onde está hoxe, prometendo traballo e esforzo nas responsabilidades do seu novo cargo.

Ao finalizar, os asistentes mais de 40 emprendedores, empresarios e autoridades, disfrutaron dun pequeño aperitivo mentras charlaban e se relacionaban mais distendidamente.

Anterior Javier Casal, pregoeiro dunhas Festas do Carme ilustradas por Belén Diz

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados