A empresa Rede Aberta finaliza a instalación de fibra óptica no rural de Marín
Instalación fibra óptica

A empresa Rede Aberta finaliza a instalación de fibra óptica no rural de Marín

A compañía galega leva realizando este traballo en todo o rural dende marzo de 2024, chegando a máis de 5.800 vivendas.

Marín, 10 abril 2025

Dende marzo de 2024, Marín experimenta un notable progreso na implantación da fibra óptica, mellorando a conectividade de 5.860 vivendas en núcleos tanto do centro urbano como de distintos puntos do rural: Mogor, Aguete, Seixo, Loira…

A empresa REDE ABERTA consta como o operador neutro galego da fibra óptica, contando xa con máis de 300.000 hogares conectados. É a empresa lider da fibra óptica en Galicia como impulso para o desenvolvemento sostible do rural galego.

Este avance supón un impulso na infraestrutura dixital da zona, favorecendo a comunicación, o teletraballo e a educación a distancia, contribuíndo ao desenvolvemento social e económico do municipio.

De maneira concreta, os núcleos aos que chegou a fibra durante estes últimos anos foron:

• Mogor

• Chan do Monte

• O Monte

• Bagüín

• Aguete

• O Castro

• Seixo

• O Campo

• A Brea

• Currás

• A Porteliña

• Sete Espadas

• A Moreira

• Cruceiro do Vento

• Moledo

• A Niñada

• Cidrás

• Montecelo

• A Torre

• Oubiña

• Xuncal

• Ameal

• Sobreiras

• O Pazo

• Rúa Nova

• Pardavila

•Fixón

• O Pozo

• Cadrelo

• Miñán

• Troncosa

• Silvestre

• Pereiro

• Cadrelo

• Esperela

• Pastoriza

• Allariz

• Igrexario

• Cernello

• Loira

• Soaxe

• Moledo

• Teoira

• Casás

• Malvido

• Cabodevila

• Picotes

• Vilaseca

• Xermade

• O Con

• Pereiro

• Coirados

• Fenteiras

• Carballal

• Iglesario

• Agrela

• Outeiro

• A Bouza

• Pena e O Caeiro

• Vistalegre

• Macenlle

• Roza

• Bravos

• Raposeiras

• A Laxe

• Arealonga

• O Carregal

• Estivada

• Casal

A fibra óptica tamén garante unha maior competitividade para o sector industrial e o comercio local, permitindo que Marín se sitúe á vangarda da conectividade dixital na comarca.

Dende o Concello de Marín, estamos comprometidos co fomento de iniciativas que impulsen o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, co obxectivo de crear un futuro máis próspero para a nosa vila.

Anterior O alumnado do CEIP de Seixo consegue os seus carnés de ciberexpertos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados