Elecciones Generales 23J

Elecciones Generales 23J

Hoxe foi convocado o pleno para a designación, por sorteo, dos membros das mesas electorais, que terá lugar o día 22/06/2023 ás 14.00 horas. En cumprimento da normativa en materia de protección de datos, non se retransmitirá en streaming e a acta que se publique no portal de transparencia figurarán os membros titulares e suplentes das mesas por número de elector (sen nome, apelidos, nin dni).

Lémbrase que para a consulta dos datos individuais de inscrición no censo de cada elector/a, que incluirán tamén os da Mesa e local onde lle corresponde votar, será necesaria a utilización dun certificado dixital e se pode acceder a través da páxina web do INE (www.ine.es) desde o día da publicación da convocatoria ou desde a sede electrónica do Concello de Marín, apartado “consulta de electores”. Ligazón: Sede electrónica (concellodemarin.es)

Tamén poderá consultar os seus datos censuais presencialmente no Concello de Marín, para o que é necesario identificarse con DNI no mostrador de información do Concello.

Ademais, a Oficina do Censo Electoral (INE) remitirá a todos os electores unha tarxeta censual cos datos actualizados da súa inscrición no censo electoral e da Sección e Mesa na que lles corresponde votar, e comunicará igualmente aos electores afectados as modificacións de Seccións, Locais ou Mesas Electorais.

Así mesmo, poderase acceder á consulta dos datos de locais e Mesas electorais por Internet, a través da páxina web do INE (www.ine.es) sen necesidade de dispoñer de certificado dixital.

Para máis información, visite Eleccións Xerais 23J

Anterior O Concello encarga un proxecto para dotar de saneamento e abastecemento ao tramo entre Vista Alegre e Coirados

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados