Charlas para Familias

Charlas para Familias


A educación na infancia e na mocidade sempre é difícil e no mundo actual existen determinadas situacións e riscos que é preciso afrontar con ferramentas didácticas que axuden ás familias.

Esa é a filosofía de CHARLAS PARA FAMILIAS, un programa didáctico e útil organizado polo Concello.

PROGRAMACIÓN CURSO 2023-2024

En colaboración con Érguete

Outubro - “Que debemos saber as familias sobre o alcohol?”

Nesta charla pretenderase ensinar aos pais e nais a convivir con esta substancia de tal forma que aos seus fillos e fillas non lles perxudique, ensinándolles a tomar decisións, a protexerse, a responder ante situacións de presión e risco con determinación, personalidade e criterio.

Febreiro - "Establecemento de normas e límites”

O obxectivo será falar desas limitacións que as familias deben poñerlle aos menores para que se enfronten ao mundo con seguridade e para que poidan establecer relacións sanas de convivencia social.

Abril - “Adolescentes tecnolóxicamente sanos/as”

Sexting, grooming, ciberbullying, apostas… son termos que forman parte do día a día dos adolescentes e das familias, valorando sempre a tecnoloxía desde unha perspectiva negativa. O importante é educar no seu bo uso e manexo.

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados