O Concello de Marín, a través das concellerías de Cultura e Educación, sumánse a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, propónse á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, o Concello de Marín, e a AELG convidou a celebrar o Día de Rosalía de Castro aos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra:
Educación secundaria e bacharelato
Propoñendo envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte:
Trocando en sonrisas / queixiñas e choros
Que se enviaría través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía.
Esta acción podería realizarse, con autorización previa da dirección do centro e supervisión das/os docentes, durante un período concreto de clase ou no período de recreo.
Educación infantil e primaria
O Concello de Marín e a AELG propoñeron a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro, para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado, como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada. Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén deCantares gallegos:
Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.
Desde o Concello de Marín e a AELG, convidouse á comunidade educativa a que se implicara de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.