Co motivo do día das letras galegas, que este ano adícase a Carlos Casares, haberá diferentes actividades.
Este domingo día 14 de maio ás 19.00 h no Multiusos da Praza de abastos terá lugar o Concerto de Corais organzado pola Coral Lembranzas, no que ademaís de este coral Polifónica marinense, tamén actuarán a Coral Frol Nova, e o Coro Diapasón.
O mércores día 17 ás 12:00h, terá lugar a entrega dos premios do XIX CONCURSO DE POESIA de escolares e de adultos CONCELLO DE MARIN, coa lectura dos traballos gañadores.
Ó finalizar, tendo en conta que o 17 de maio é o día da nosa cultura, o cuarteto “Picuiña” vai rendir unha homenaxe a Manolo ” Cristos” falecido recentemente.
Manolo tocaba o bombo xunto co seu pai, “Cristos”, a gaita e o seu tío Lisardo, “Marañón”, o tamboril. Esta formación coñecida como Os Marañóns acompañaron a danza de espadas de Marín dende os anos 40 ata fináis dos sesenta.
Eles xunto con outra xente foron partícipes da supervivencia da danza transformandoa dunha danza gremial bailada exclusivamente por mariñeiros a unha danza bailada por mozos e mozas do pobo. Por isto e que no día da nosa cultura rendemoslle unha homenaxe a quen contribuíu a manter unha parte importante do patrimonio inmaterial no noso concello.
ATENEO SANTA CECILIA. Seguidamente, terá lugar o acto de entrega do III Certame de Relato Curto “Marín conta”, organizado polo Ateneo Santa Cecilia.
O día 2 de xuño ás 20.00 h, no Museo Manuel Torres, haberá unha conferencia do Presidente da Real Academia Galega, Victor Fernadez Freixanes que versará sobre a figura de Carlos Casares, organizado polo Ateneo Santa Cecilia.