Marín Gaming Fest

Marín Gaming Fest

Marín está a traballar por ser unha referencia a nivel galego dos videoxogos, acollendo eventos como o Marín Gaming Fest, un gran evento que se celebra no Pavillón da Raña e que xa leva dúas edicións consecutivas.

Torneos dos videoxogos como Super Smash Bros Ultimate, Fortnite, League of Legends e FIFA21, experiencias de simulación de carreiras, xogos de mesa e cosplay son só algunhas das actividades que se ofertan neste salón do mundo gamer.

O evento, ao que acudiron unha media de 700 persoas nas últimas edicións, ocupa unha fin de semana ao ano, que se converte nun punto de atracción para os amantes dos videoxogos e da cultura gamer.

Organízase man a man coa agrupación Gaming Troop, expertos na posta en marcha de iniciativas deste estilo.

O Marín Gaming Fest é un exemplo de evento que atrae á poboación máis nova, completando unha oferta de ocio xa de por si variada e multidisciplinar a nivel municipal.

[modula id=”9681″]

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados