O Concello de Marín consciente da importancia da sostibilidade, e convencido da necesidade de establecer unha política e uns obxectivos mediambientais de protección e prevención da contaminación na xestión das praias, comezou a finais de 2008, a posta en marcha dun Sistema de Xestión Medio Ambiental baseado no Regulamento EMAS (Eco-Management and Audit Scheme)
O obxectivo do EMAS é promover a mellora continua do comportamento medioambiental das organizacións, a través da creación e posta en marcha de sistemas de xestión ambiental, avaliación sistemática, obxectiva e periódica do rendemento destes sistemas, a difusión de información sobre o comportamento ambiental, o diálogo aberto co público e outras partes interesadas, e a participación activa do persoal das organizacións.
A posta en marcha do Sistema de Xestión en materia de xestión das praias é unha decisión estratéxica do Concello de Marín
Porque se quere definir métodos de traballo que minimicen os efectos ambientais das actividades de xestión das praias e os efectos da súa utilización polos usuarios.
Porque se quere optimizar o consumo de recursos
Porque se quere sensibilizar os usuarios sobre a limpeza dos areais e preservación do entorno
Porque se aposta pola Mellora Continua do “comportamento ambiental”
As actividades realizadas no marco do Sistema de Xestión Ambiental das praias de Marín, e que delimitan o seu ámbito son a seguridade, salvamento e primeiros auxilios, limpeza e recollida de residuos, mantemento de instalacións, accesos, servizos hixiénicos e actividades de lecer …
Entre as actividades que están dentro do ámbito se ten en conta tamén o mantemento dos equipos para atender as praias e que son xestionados en instalacións pertencentes ao Concello (vehículos limpa-praias, etc).
A implantación e mantemento do Sistema de Xestión Ambiental nas praias de Marín pretende impedir a degradación das praias e potenciar a mellora ambiental das mesmas desde o punto de vista da súa xestión e utilización, aumentando a conciencia ambiental dos usuarios e traballadores.
Desde xullo de 2009, o Concello de Marín está rexistrado co número ES-GA-230 no Rexistro de Centros Adheridos a EMAS sendo o alcance do Sistema “Xestión de praias”.
Anualmente, o sistema é verificado por un auditor dunha entidade acreditada como verificador ambiental, que valida a Declaración Ambiental, para o mantemento do rexistro ante a Unión Europea, a través da autoridade competente que é a Xunta de Galicia.