O sábado día 31 de outubro deron comezo as clases presenciais preparatorias para a obtención do título da ESO para adultos por parte daqueles participantes no programa integrado de emprego EMPREGAMARÍN II que así o solicitaron. As clases desenvolveranse nas instalacións da Academia Ensino de Marín, e terán lugar, nun inicio, durante este mes de novembro, os sábados pola mañán para non coincidir coas outras accións formativas que se están a levar a cabo durante a semana, e únicamente ao remate das mesmas poderán trasladarse as sesións a un día da semana a acordar entre o centro e o alumnado.
Cómpre lembrar que a finalidade última do programa integrado de emprego Empregamarín II é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral, e coa obtención da titulación da ESO mellorarán ostensiblemente a sua empregabilidade aqueles que, pola causa que fora, non poideron obtelo no seu momento. O perfil dos participantes no programa integrado é diverso, e foron un total de quince os que solicitaron tomar parte neste curso preparatorio, é dicir, unha cuarta parte do total de participantes.