Curso de Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais.

Curso de Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais.

O Concello de Marín desenvolverá un curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais de 438 h. lectivas.

Número de prazas: 15.

Requisitos de acceso:

1. Formación: Cumprir algún dos requisitos seguintes:

  • Estar en posesión do título de Graduado en ESO ou equivalente??
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2.
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para mariores de 25 anos e/ou de 45 anos.
  • Ter as competencias clave necesarias, de acordo co recollido no anexo IV do RD 34/2008, do 18 de xaneiro, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade.

Terán prioridade na selección:

Socorristas inscritos no Rexistro galego de socorristas que conten con experiencia profesional e non estean en posesión do  mesmo certificado de profesionalidade.

Persoas das seguintes titulacións:  TSAAFD, grao en ciencias da actividade física e do deporte, ou grao educación primaria con mención en Educación Física.

Para preinscribirse para as probas de acceso:

No teléfono 886204352 ou no enderezo de correo electrónico aedlmarin@gmail.com

Anterior Violencia Zero, Mulleres en Acción.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados