Premios Liberación

PREMIOS LIBERACIÓN DE MARÍN

O Liceo Casino de Marín inicia en 1975 a celebración da efeméride da Liberación de Marín, un exemplo de loita popular levado a cabo polas “Alarmas do Morrazo” o 4 de abril de 1809, guiadas por Juan Gago de Mendoza contra as tropas francesas.

Dentro desa conmemoración, créase o Premio Liberación de Marín, destinado a recoñecer a persoas ou entidades que realizaran achegas signifi cativas á historia e desenvolvemento de Marín.

A Asociación ADEMAR foi a encargada do outorgamento deste distintivo ao longo de toda a súa historia ata o ano 2024, cando é cedida a súa xestión ao Concello de Marín, que dende esa data é a institución responsable da súa continuidade.

2025 Concello de Marín. Todos los derechos reservados