Maios
Haga click para desplegar
A Festa dos Maios é unha tradicións populares que máis raigame ten na nosa vila. Esta costume, que nalgúns puntos da xeografía galega foi perdendo forza e incluso desaparecendo, segue moi viva en Marín. Iso é grazas á sociedade marinense, especialmente a aquelas persoas que mantiveron a celebración desta festa, coidando da tradición e dándolle impulso naqueles momentos nos que máis o precisaba.
Os Maios, como ben é sabido, están encadrados nas celebracións do Ciclo do Maio, que se celebra nesta época do ano na que a natureza esperta do seu longo letargo invernal. Por tanto, aínda que a festa tratou de ser cristianizada en diversos momentos da nosa historia, ten unha orixe profana, pensada como un canto á natureza por parte das clases populares.
Segundo a súa feitura, os Maios poden clasificarse en humanos, nos que se engalana a un neno, ou figurados, sendo estes últimos os máis típicos na provincia de Pontevedra. Á súa vez, estes poden clasificarse en enxebres, artísticos e embarcacións.
En Marín, os Maios comezaron celebrarse en 1953, ao facerse cargo da súa organización a Asociación Ateneo Santa Cecilia. Entre os maios máis importantes de Marín están “Da Ribeira”, “Da Banda do Río”, “Da Costa”, “Da Mouta” ou “Da Laxe”.