Desde o concello de Marín realizouse una convocatoria a colectivos de Marín relacionados cos ámbitos culturais, deportivos e veciñais para facer una exposición dos traballos que se están levando a cabo para a elaboración da estratexia integral de desenvolvemento urbán sostible que é necesaria para o Proxecto Marín 2020.
A reunión terá lugar o luns 16 de novembro ás 19.30 h na Biblioteca Pública Municipal cos colectivos que queiran participar.
A empresa contratada para a elaboración destes documentos realizará una presentación e expondrá os obxectivos claros que debe ter este diseño que se vai presentar, sempre cun obxectivo final de ir desgranando un proxecto co que concurrir e solicitar os Fondoe FEDER que irán destinados a concellos da nosa entidade de poboación.
Despois dos traballos que se veñen realizando durante varios meses, da primeira toma de contacto cos grupos municipais, trátase agora de facer partícipes ós colectivos que queiran aportar actuacións ou simplemente que queiran presenciar esta exposición, de cara a chegar a fortalecela, actuar con accións que teñan unha demanda real e que se traten de encaixar neste traballo que pretende visualizarse e formalizarse nos próximos meses.
Marín 2020 pretende actuar sobre os obxectivos que recollerá a convocatoria que se realizará desde o Ministerio de Facenda e que poden resumrse nestes principais aspectos:
- Marín desde a mobilidade sostible cunha mellora nas conexión mellores para peatóns e carrís bicis onde sexa posible, seguridade vial, conexión mellores cos barrios, barriadas, núcleos e parroquias.
- Marín intelixente, cunha mellora e aportación do salto que é necesario dar coas TIC´s novas tecnoloxías, mellorar a xestión do tráfico, dos aparcamentos, promovendo os servizos públicos dixitais.
- Marín integrador, fomentando unha unión máis urbanizada entre barrios, mellorando a eficiencia enerxética, coa mellora de rúas e espazos públicos, cun plan de fomento do deporte asequible a todos como un elemnto integrador.
Desde o Concello animamos a participar, escoitar de primeira man e facer extensible esta presentación pública tendente a poder seguir avanzando na elaboración deste documento.